Archivos de la categoría ‘Cine’

Validation

Publicado: abril 24, 2010 en Cine, Videos

Boas a tod@s!.

Hoxe, unha amiga publicou no facebook un vídeo (en dous enlaces a youtube) dunha historia moi simpática que creo que merece a pena compartila con vos: Validation. Son, entre os dous, quince minutiños que pasan voando e que verdadeiramente están ben.

Os protagonistas do vídeo son TJ Thyne e Vicki Davis e o director e guionista é Kurt Kuenne. Non é que coñeza nada deles… pero é por se queredes buscar máis cousas ou algo así (“cultura que os regalo” como escoitei un día :-D).

Espero que o disfrutedes coma min.

P.D.: O feito de escribir en galego hoxe é porque sempre falo en galego coa rapaza puxo os enlaces… e deume por ahí. Graciñas Po!

Anuncios